Investigación
A miña investigación é continuación da realizada na miña Tese de Doutoramento, “Ensayos en Organización Industrial”, dirixida polo Dr. Roberto Burguet, Investigador Científico do CSIC no Instituto da Análise Económica. O meu interese investigador céntrase en examinar o comportamento e os resultados acadados en tres tipos de situacións: (i) problemas derivados da existencia de información asimétrica, (ii) situacións caracterizadas por relacións verticais, (iii) situacións nas que as transaccións poden efectuarse mediante o mecanismo de mercado anónimo vs. aquelas que se realizan a través de outros mecanismos distintos do mercado (negociación bilateral). Estas cuestións son examinadas no contexto de problemas produtivos, de transferencia de tecnoloxía entre o propietario da dita tecnoloxía e os potenciais usuarios da mesma, problemas de carácter medioambiental, etc.
Proxectos de Investigación (convocatoria competitiva)
Actual
- Xunta de Galicia. Proxecto GRC 2023 (2023-2026). Título: Consolidación e Estruturación.
Pasados
- Xunta de Galicia. Proxecto GRC 2019/11 (2019-2022). Título: Consolidación e Estruturación.
- Xunta de Galicia. Proxecto GPC 2016/001 (2017-2018). Título: Consolidación e Estruturación.
- Xunta de Galicia. Grant GPC 2013-045 (2013-2015). Title: Consolidation and Structuration.
- Xunta de Galicia. Grant EM 2013-029 (2013-2015). Title: Economic effects of climatic change on spatial and social distribution of environmental marine services. (Main Researcher: Sebastián Villasante.)
- Xunta de Galicia. Proxecto INCITE09 201 042PR (2009-2012). Título: Poder de mercado, asimetría informativa e regulación: Aplicacións a problemas produtivos, financieiros e ambientais.
- Comisión Europea. Proxecto FIREMAN (2009-2012). Título: Xestión de incendios para o mantemento da biodiversidade e mitigación da perda económica. (Investigadora Principal: María L. Loureiro.)
- Xunta de Galicia. Proxecto PGIDIT06PXIB201002PR (2006-2009). Título: Relacións verticais: una aplicación a problemas produtivos, tecnolóxicos e financeiros.
- Xunta de Galicia. Proxecto PGIDIT03CSO20101PR (2003-2006). Título: Estratexias empresariais, eficiencia e regulación.
- Xunta de Galicia. Proxecto PGIDIT02PXI20101PR (2002-2003). Título: Difusión tecnolóxica, competencia e regulación en estruturas verticais.
- Xunta de Galicia. Proxecto PGIDT00PXI20101PR (2000-2001). Título: I+D, estrutura de mercado e benestar.
Grupo de Investigación
Son membro e coordinador do Grupo de Investigación en “Análise Económica de Mercados e Institucións” (GI 2060) da Universidade de Santiago de Compostela.